Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, junio 04, 2011

Traballar na costa


Damos conta dunha iniciativa moi interesante e necesaria nos tempos que corren: o blog Traballar na costa (tamén con páxina en facebook), dedicado a informar das ofertas de emprego e cursos de formación da Costa da Morte, Bergantiños e arredores.

Segundo os responsables, trátase dunha iniciativa privada e sen ánimo de lucro, creada por persoas con formación en orientación laboral e novas tecnoloxías, que coñecen esta zona e desexan poñer o seu gran de area para a dinamización da Costa da Morte. Prentenden recoller as ofertas de traballo que van atopando en diferentes medios: internet, tablóns de anuncios, prensa escrita... O blog conta tamén con un espazo dende o que as empresas lles poden facer chegar as súas ofertas de emprego para ser publicadas no blog.

Desde CD felicitamos ós autores por esta boa idea. Todas as medidas que se poñan en marcha para loitar contra o paro son poucas. Pero esta iniciativa presenta unha particularidade que a fai especialmente valiosa, e é que nace da propia sociedade civil, á marxe das administracións. Esto ten un valor especial, xa que é importante que nos deamos conta de que non podemos pretender que papá Estado nos veña sempre a solucionar os problemas. Temos que concienciarnos de que a sociedade civil tamén pode facer algo, e este é un bo exemplo que merece o aplauso de todos.


Etiquetas: , , , , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿Quenes son os autores deste blog?¿Dávos vergonza ensinar a cara?

4/6/11 15:12

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner