Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 13, 2012

Alberto Gende no recordo


Adóitase dicir que sempre se van os mellores. Probablemente trátase dun tópico, pero neste caso é totalmente certo. Esta fin de semana deixábanos un dos carballeses maís senlleiros e facíao a unha idade inesperadamente temprana. Antes de cumprir os corenta anos, unha difícil e longa enfermidade levábase a Alberto Gende, deseñador, pintor e polifacético artista. Sucedía casualmente o mesmo día que remataba a súa exposición titulada “Pinturas Ocultas”, que se estaba a amosar no Pazo da Cultura.

Graduado en Artes Plásticas e Deseño pola “Escola de Artes Plásticas Pablo Picasso” da Coruña, é coñecido polo gran público polos moitos carteis que deseñou para ser imaxe de festas e acontecementos culturais, ademais da súa estreita colaboración co grupo de música carballés Franc3s. Pero ademáis, sobre todo nos últimos sete anos, desenvolveu unha intensa actividade pictórica que podedes consultar no seu currículo , e que o levou a facerse un nome importante no panorama artístico galego e español. Un legado que moitos descoñecen/mos e que debería ser posto en valor.

Dende aquí as nosas condolencias á súa familia e amigos. Seguro que alí onde agora estea Alberto estarán a desfrutar da súa arte e da súa persoa.

Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner