Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, abril 13, 2012

E nove anos máis tarde…segunda guardería! Hallellujah!



Xa pensábamos que nunca iamos dar esta noticia. Pasaron nove anos dende a última vez que se inaugurou unha guardería en Carballo. Falamos das “Landras”, o centro ubicado a carón do centro comercial Haley, un escuro obxecto de polémica no seu día entre o goberno en minoría de Manuel Varela e a oposición entón liderada por Evencio Ferrero. O certo é que os populares sempre se queixaron amargamente de que a postura do agora alcalde limitara daquela a dimensión do proxecto, pero o nacionalista tamén respostaba que el acometería a construcción de novas unidades máis axeitadas a curto prazo.

De feito, ó longo dos seus xa nove anos de mandato, Evencio realizou anuncios de construcción inmediata de guarderías (durante o bipartito chamadas galescolas) (http://carballodixital.blogspot.com.es/2008/09/paradojas-espacio-temporales.html) en innumerables ocasións, ata o punto de confirmar a posta en marcha de dous novos edificios no 2006! Desafortunadamente, como ten pasado case que con todos os proxectos do goberno do BNG, os prazos téñense alongado cara ó infinito (cando non desaparecido sen deixar rastro) (http://carballodixital.blogspot.com.es/2008/01/el-tringulo-de-carballo.html), e como tamén tende a acontecer (http://carballodixital.blogspot.com.es/2007/11/nouvelle-politique.html), téñense reducido notablemente os seus ambiciosos obxectivos. E así, de dúas guarderías hai seis anos pasamos neste 2012 a unha, e grazas (http://carballodixital.blogspot.com.es/2010/12/dicen-que-puede-ser-que-aparezca-una.html). E dun edificio vangardista con aulas transparentes e toda clase de moderneces, pasamos a un centro máis modesto, aínda que agardamos que funcional, como por outra parte parece corresponder cos tempos.

En calquera caso trátase dunha boa nova que non podemos deixar de celebrar. Sen embargo, sen ánimo de amargarlle o dulce a ninguén, non podemos deixar tampouco de lembrar que esta guardería nace xa pequena, cunha lista de espera rebasada (http://carballodixital.blogspot.com.es/2010/05/lista-de-espera-numero-118.html), e que se para cada necesidade os carballeses temos que agardar nove anos (incluidos cinco de bonanza) é que algo funciona moi mal no noso concello.

Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner